HomesociedadeFronte común do PP e PSOE para evitar o peche da Banca...

Fronte común do PP e PSOE para evitar o peche da Banca en Seone do Courel?

C@urel Vivo amosa a súa preocupación ante as informacións do peche, 3 días á semana, da oficina da Banca en Seoane.

Publicado o

Segundo C@urel Vivo o concello está levando as negociacións coa entidade bancaria, A Banca, con ocultismo cara ós veciños e a oposición. Segundo esta formación política, no caso do anuncio da Banca de pechar tres días á semana, o concello fai como noutras ocasións e “ponse de perfil ante a constante perda de servizos públicos e privados que afectan directamente á veciñanza”.
C@urel Vivo asegura que “Non pode ser que unha entidade, que foi rescatada con fondos publicos, regalada a inversores privados e que agora, xera millóns de euros de beneficios ó ano usen os nosos aforros para ganar millóns de euros cada ano, e logo pechen entidades parcialmente, en lugares como Seoane, onde non teñen competencia.”
Para C@urel Vivo non é de recibo que os veciños despositen os seus cartos nunha entidade á que non teñen acceso cando eles o precisan. Con estes antecedentes solicitan un fronte común de PP e PSOE para solicitar o NON PECHE da BANCA.
De seguir adiante a entidade cos seus plans de peche, C@urel Vivo asegura que esixirá a retirada dos depósitos que o Concello ten nesa entidade e que se deixe de operar con ela dentro das posibilidades.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...