HomeCulturaCarlos Taibo fala en Sober sobre o decrecemento o día 3 de...

Carlos Taibo fala en Sober sobre o decrecemento o día 3 de setembro

O escritor, Carlos Taibo, ofrecerá unha conferencia en Sober, seguida dun posterior coloquio, sobre o Decrecemento. A actividade, organizada polo Colado do Vento, terá lugar o día 3 de setembro, ás 20 h, na Casa da Cultura de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Carlos Taibo foi ata 2018 profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidad Autónoma de Madrid.Autor en castelán e galego, destaca por se unha das principais figuras intelectuais do movemento antiglobalización e do decrecemento no Estado español.

Ten estudado e escrito amplamente sobre as transicións dos estados do este e centro de Europa así como sobre a historia da Unión Soviética. Sobre a temática da globalización e a xeopolítica destacan obras xerais e ensaios sobre a Unión Europea, o Estado español ou a crise económica. Tamén ten escrito sobre o anarquismo e a cuestión nacional galega, ademais doutras temáticas como a literatura.

Coñecémolo, ademais, pola súa colaboración desinteresada co movemento asociativo e co 15M.

Acerca da temática do decrecemento, publicou as seguintes obras:

  • En defensa del decrecimiento. Sobre capitalismo, crisis y barbarie (Catarata, Madrid, 2009)
  • Su crisis y la nuestra. Un panfleto sobre decrecimiento, tragedias y farsas (Catarata, Madrid, 2010).
  • Decrecimientos. Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana (Catarata, Madrid, 2010; libro colectivo).
  • Decrescimento, crise, capitalismo (Estaleiro, Santiago, 2010).
  • El decrecimiento explicado con sencillez (Catarata, Madrid, 2011).
  • ¿Por qué el decrecimiento? Un ensayo sobre la antesala del colapso (Del Lince, Barcelona, 2014).
  • Colapso. Capitalismo terminal, transición ecosocial, ecofascismo (Catarata, Madrid, 2016)
  • Ante el colapso. Por la autogestión y el apoyo mutuo (Catarata, Madrid, 2019).

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...