HomesociedadeMonforte dedícalle un acto ao Día Europeo da Cultura Xudía

Monforte dedícalle un acto ao Día Europeo da Cultura Xudía

No mesmo procedeuse á plantación dunha oliveira, descubriuse un monolito cunha placa conmemorativa, fíxose unha lectura homenaxe e rematouse coa actuación dun cuarteto de corda e vento.

Publicado o

- Advertisement -

O Equipo de Goberno do Concello de Monforte conmemorou o pasado venres o Día Europeo da Cultura Xudía cun acto celebrado na rúa Falagueira, a carón do nº 9.

O acto estivo presidido polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca,  que estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, varios concelleiros/as e diversos membros descendentes de familias xudías, como a Gaibor e o historiador Felipe Aira.

Procedeuse á plantación dunha oliveira e ao descubrimento dun monolito cunha placa conmemorativa así como tamén á lectura dun texto homenaxe do autor sefardí Mois Benarroch. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, foi a encargada da devandita lectura.

Monolito antes de ser descuberto e oliveira xa plantada. Foto: Prensa Concello de Monforte

A continuación tivo lugar unha breve actuación dun cuarteto de corda e vento que interpretou dúas pezas baixo a dirección de Fernando Sanmartino, director do Conservatorio de Monforte.

Segundo o alcalde, o obxectivo deste evento conmemorativo “é homenaxear e lembrar á Comunidade Xudía e Xudeu Conversa monfortina que, ao longo dos séculos, coas súas vivencias e co seu traballo, contribuíron á construción e á existencia de Monforte de Lemos”.

Monforte, pertence á Rede de Xuderías de España. En Galicia, tamén están integradas nesta rede as cidades de Ribadavia e recentemente Tui.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...