HomesociedadeSober celebra as súas festas do Carme

Sober celebra as súas festas do Carme

Este venres, 13 de setembro, o concello de Sober comezaba as súas festas patronais na hora á Virxe do Carme. Lucía Pérez e o Grupo A Roda, co seu espectáculo 'A Roda da Igualdade', foron os encargados de poñer múisca a esta primeira noite.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta xornada do sábado, 14 de setembro, o pasarrúas e a sesión vermú correu por conta de Rechouchíos de Taboada. Pola tarde, na praza do Toural, tivo lugar o encontro de bandas militares coa Unidade de Música do Terzo Norte da Armada de Ferrol e Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa da Coruña. Actuou tamén a Banda de Música de Sober. Esta noite a verbena correrá por conta da Orquestra Canela e ás 24:00 horas actuará Sr. Aliaga.

domingo día 15 o pasarrúas correrá a cargo da Banda de Música de Sober, que se encargará tamén da sesión vermú. Ás 13:00 horas haberá procesión e misa solemne cantada polo Coro Berea. Xa pola tarde, ás 19:00 horas será a quenda do espectáculo familiar Saaabor! e ás 21:30 horas baile e verbena coa Orquestra Suavecito.

O luns 16 de setembro, festa local en Sober, haberá misa solemne ás 13:30 horas na Igrexa Nova. A partir das 20:30 horas gran paellada xigante e gratuíta a cargo do mestre cociñeiro José Arias. O acompañamento musical correrá a cargo de Estrellas.

Concerto Lucía Perez, Concello de Sober

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...