HomesociedadeÉxito do turismo de benestar e do viñobús na Ribeira Sacra

Éxito do turismo de benestar e do viñobús na Ribeira Sacra

No viñobús da vendima participaron 235 persoas, mentres que os baños de bosque esgotaron as prazas nunha semana.

Publicado o

Os usuarios do viñobús, para esta campaña, foron 235 persoas en grupos de 15-18. Eran maioritariamente galegos, en boa parte de Pontevedra e A Coruña, tamén Asturias e León. Viaxan en familia ou grupos de amigos e pasan a fin de semana en establecemento de turismo rural ou vivenda de aluguer completo.
A actividade enoturística do Viñobús na súa edición de vendima basésase na experiencia de converter aos participantes en viticultores por un día. Os visitantes coñecen as diversas tipoloxías de vides e uva, as características do seu cultivo, recollen a uva, písana na adega como se facía antigamente, miden a graduación do mosto, degustan diversos tipo de mosto, … Rematan a xornada cun xantar composto das viandas típicas da vendima e, todos aqueles que pisaron o viño, recibirán nos seus domicilios unha botella para degustar os caldos dos que, en parte, foron creadores. As prazas esgotáronse en cuestión de días, e como adoita ser habitual, quedou unha longa lista de agarda.
En canto ao primeiro curso para o desenvolvemento de “Baños de Bosque” como produto turístico, que ven de desenvolver o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra esta fin semana e para o que se habilitaban 20 prazas, esgotou as prazas en menos dunha semana.
O encargado de impartir o curso foi o especialista na materia Edgar Tarrés co que tamén colabora o Consorcio para a presentación na Universidade de Vigo dun proxecto de posgrao vencellado ao turismo de benestar. No curso desenvolto na Ribeira Sacra sobre Mindfulness” e “Turismo de Benestar” afondouse na adaptación deste territorio como destino potencial para especializarse en mercados turísticos non masificados, moi respectuosos co medio e altamente desestacionalizados.
Baños de bosque / Consorciode Turismo RS

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...