HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta recorrerá ante o TSXG a paralización do parque eólico da...

A Xunta recorrerá ante o TSXG a paralización do parque eólico da Serra do Oribio

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves as actuacións do seu executivo e, concretamente, ao director xeral de Industria e Minas, Bernardo Tahoces, tras a setenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ordena a paralización das obras do parque eólico do Oribio. De feito, foi máis alá ao anunciar que recorrerán esa decisión.

“Presentaremos un recurso ante o TSXG”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao defender os permisos outorgados polo seu goberno á empresa que xestiona ese parque e que o alto tribunal galego considera irregulares. Neste sentido, defendeu a política eólica do seu goberno e lembrou que ese parque foi autorizado en 2007, cun goberno do bipartito. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...