HomesociedadeO Caurel homenaxea á castaña

O Caurel homenaxea á castaña

Este sábado o Caurel celebrou a XXXII Festa da Castaña do Caurel, unha cita para poñer en valor este produto que dinamiza a economía local.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación Provincial colabora con este evento cunha achega económica de 6.000 euros. A cita declarada Festa de Interese Turístico Galego no 2013, pon en valor a castaña, un dos produtos máis característicos da provincia.

A xornada arrancou ás 12:00 horas coa demostración de cestaría e a actuación do grupo de Gaitas e Cantores do Caurel. Posteriormente deu comezo a degustación gratuíta de castañas asadas e o pregón, que correu a cargo do chef  Iván Domínguez.

Xa pola tarde, houbo actividades para o público infantil da man de Borja Insua co espectáculo de monicreques Circo Galaico. Ao longo de todo o día o evento estivo amenizado por grupos musicais e charangas. Ademais, no recinto da festa, os visitantes e veciñanza puideron gozar de diferentes postos de produtos locais e artesanía, obradoiros e demostracións de temática variada.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...