HomesociedadeSuspenden as clases no Courel pola forte nevarada

Suspenden as clases no Courel pola forte nevarada

Tamén hai estudantes afectados da zona de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

A presenza de neve na rede viaria da montaña de Lugo e Ourense deixou sen poder acudir ás aulas a 867 alumnos de 26 centros educativos das dúas provincias, entre eles, o do Folgoso do Courel.Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación a Europa Press, na provincia de Lugo quedáronse sen clase 841 estudantes de 18 centros afectados, 15 deles con clases suspendidas.

Os 15 centros coas clases suspendidas na provincia de Lugo corresponden aos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá –dous–, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada –dous–, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Samos, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.

Ademais, 20 estudantes do CPI de Castroverde quedaron sen clase; xunto con outra vintena do IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria e tres da CEE Santa María de Lugo.

ÚLTIMAS

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...