HomesociedadeII Asemblea das candidaturas por un interior galego vivo

II Asemblea das candidaturas por un interior galego vivo

As candidaturas constituídas na plataforma Por un interior galego vivo autoconvócanse para unha segunda xuntanza xeral, que terá lugar o 21 de decembro ás 12.00 en San Xoán de Río. Na Asemblea afondarase na organización da plataforma e no plan de traballo para os vindeiros meses.

Publicado o

- Advertisement -

Entre os asuntos de urxencia a tratar, comúns a todo o interior galego, poranse en común propostas sobre políticas para a Ribeira Sacra e a Reserva da Biosfera Courel-Iribio-Ribeira Sacra, co obxectivo de que revertan no benestar da cidadanía e nun apoio real ao patrimonio e ao medio natural.

Analizarán tamén o aumento dos valores catastrais no medio rurae o incremento de cargas sobre as persoas que viven neste territorio, así como as condicións do Servizo de Axuda no Fogar e xestión dos servizos públicos.

Anuncian tamén que estudarán medidas e propostas para o estado de emerxencia climática e como contribuír a que reverta no territorio. “É necesario desenvolver o territorio e que se atenda ao que este realmente xera e non unicamente a criterios poboacionais”, aseguran.

Por un interior galego vivo amosa a súa preocupación polo que cosideran ataque do Goberno Galego aos hospitais comarcais e manifestan o seu apoio ao persoal e cidadanía “que defende a restitución da unidade de partos do Hospital de Verín, así como a necesidade de que tanto Verín como Monforte, o Barco e A Mariña volvan ser áreas sanitarias con capacidade de xestión e/ou volvan ter máis autonomía”.

Están convocadas á xuntanza persoas das candidaturas asinantes do manifesto, (Por Chantada, Agroma Sober, C@urel Vivo, Esperta Monforte, Son de Manzaneda, Son de Trives, Son de Pereixo de Aguiar, Xuntos por Chandrexa, Xuntos por Laza, Alternativa Veciñal Antas de Ulla, Agrupación Electores San Xoán de Río), pero está aberta a colectivos e xentes destes territorios do interior galego que se queiran sumar á “defensa da vida digna nas comarcas do interior”. Posteriormente, haberá un xantar para o que cómpre anotarse antes do 18 de decembro (cupchantada@gmail.com).

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...