HomeCulturaToponomízate chega ao Courel o 16 de decembro

Toponomízate chega ao Courel o 16 de decembro

A campaña de divulgación da toponimia "Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra" chegará esta semana a Folgoso do Courel. Concretamente o luns 16 de decembro ás 14.00 h. no CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña de divulgación da toponimia ‘Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra’ chegará esta semana a Folgoso do Courel. O especialista en toponimia Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, impartirá as charlas sobre os topónimos deste concello. As sesións de Toponimízate contan coas achegas do académico correspondente Gonzalo Navaza na parte relativa á orixe e significado dos nomes dos municipios e das súas parroquias.

Toponimízate é unha campaña coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e enmárcase dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad que coordina a Xunta de Galicia.

O luns 16 de decembro chegará a Folgoso de Courel, onde o especialista da Academia visitará, ás 14:30 horas, o CPI Poeta Uxío Novoneyra. Alén de profundar nos nomes dos lugares habitados, as persoas asistentes poderán coñecer a aplicación colaborativa que lles permitirá participar na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización. Ademais, explicarase con exemplos prácticos as utilidades desta información xeolocalizada e normativizada para distintas actuacións sobre o territorio dos técnicos municipais (PXOM, catastro…), para a promoción turística de elementos de interese cultural de cada concello ou mesmo para o ensino, polo carácter transversal e multidisciplinar dos contidos toponímicos.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...