HomesociedadeAndaina para celebrar os 135 anos de Monforte como cidade

Andaina para celebrar os 135 anos de Monforte como cidade

No 1885 Afonso XII outórgalle a Monforte por decreto real, o título de "cidade".

Publicado o

- Advertisement -

A andaina celebrarase o domingo, 2 de febreiro, comezando ás 10:30h en San Vicente e será guiada por Rosa Ana Prieto Florines, guía oficial de Galicia, e polo arqueólogo monfortino, Iván Álvarez Merayo.

No 1885 Afonso XII outórgalle a Monforte por decreto real, o título de cidade, en agradecemento polos esforzos para a chegada do ferrocarril. Afonso XII inaugurara 2 anos antes, a liña férrea Monforte – A Coruña, o que fixo de Monforte o nó ferroviario de Galicia.

Monforte era a entrada do tren a Galicia e a conexión coa meseta, o que supuxo un dos principais piares de desenvolvemento socieconómico da cidade. Polo tanto a andaina rematará no barrio da Estación, onde os participantes brindarán por este 135 aniversario. “Sirva este brinde simbólico para reclamar maiores e mellores investimentos na rede ferroviaria e a reactivación comercial do barrio da Estación”, sinala Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG en Monforte.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...