HomeCulturaTrece Roeis Fest certame dinamizador da Ribeira Sacra

Trece Roeis Fest certame dinamizador da Ribeira Sacra

A Deputación Provincial axuda ao financiamento do concerto de Herdeiros da Crus na primeira edición do Festival celebrada no 2019

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o secretario de asociación cultural Os Trece Roeis, Christian Enríquez Gómez, asinaron un convenio a través do que a institución provincial colabora no financiamento da actuación de Herdeiros da Crus na primeira edición do festival Trece Roeis Fest, que impulsou o colectivo por primeira vez o pasado verán no concello de Pantón.

A institución provincial achega 3.000€ para axudar no financiamento deste concerto que contribúe a dinamizar social e economicamente a Ribeira Sacra. O Trece Roeis Fest mana da vontade dun grupo de mozos de realizar un festival propio para Pantón tras a cancelación do veterano Festival do Castro converténdose nun novo acontecemento de referencia na Ribeira Sacra.

A asociación cultural Os Trece Roeis xa traballa na organización dunha nova edición deste festival, que se celebra en Ferreira de Pantón a finais de agosto.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...