HomeSucesosDelito contra a seguridade do tráfico en Monforte

Delito contra a seguridade do tráfico en Monforte

A policía local del Monforte informa do accidente de tráfico deste xoves na cidade, no que unha persoa resultou ferida ao recibir o impacto dun vehículo conducido por un mozo que superaba a taxa de alcolemia.

Publicado o

- Advertisement -

Ás 07:56 horas da mañá do xoves, día 06 de febreiro, por comunicación do servizo de emerxencias 112 informando da existencia dun accidente de circulación, a patrulla de servizo acudíu á rúa Dr. Casares atopando que un vehículo que circulaba pola mesma en sentido centro cidade, nas proximidades do cruce con rúa San Pedro e Ronda María Emilia Casas Baamonde, impactou por alcance contra outro que se encontraba detido no semáforo que regula o tráfico no cruce esperando que a luz vermella que lle afectaba cambiase a verde para continuar a marcha.

A consecuencia do impacto resultou lesionada a conductora do vehículo que se encontraba detido no semáforo, un turismo Renault Megane, (M.F.S., de 43 anos e veciña de Monforte) que foi trasladada o Hospital Comarcal.

Pola patrulla actuante levantóuse atestado polo accidente e obtívose un resultado positivo de 0,70 mg/l de alcol en aire espirado na primeira mostra e 0,64 na segunda proba, que se lle realizou ao condutor do vehículo turismo Renault Clio que impactou contra o anterior (C.O.F. de 24 anos e veciño de Monforte).

Instruíronselle dilixencias penais como investigado por delicto contra a seguridade do tráfico por conducción superando a taxa establecida, que se trasladarán ao Xulgado de Garda, e inmovilizouse o vehículo que foi trasladado ao depósito municipal. Ao mesmo implicado tamén se lle formulou denuncia administrativa por circular cun vehículo carecendo de seguro obrigatorio.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...