HomeSucesosPersecución ás carreiras por Monforte

Persecución ás carreiras por Monforte

Funcionarios da Policía Nacional de Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Monforte de Lemos detiveron na madrugada deste día 13, a un home reclamado xudicialmente para o ingreso en prisión. O home, que tentou fuxir no momento da detención, estaba condenado por unha violación no Marroxo no 2014.

Publicado o

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional de Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Monforte de Lemos detiveron na madrugada desde día 13 a un home de orixe Portuguesa, de cincuenta e nove anos, residente en Monforte, con antecedentes policiais ao ter unha Reclamación Xudicial por parte da Audiencia Provincial de Lugo motivada por unha Agresión Sexual realizada no ano 2014 na zona coñecida como “O Marroxo”, en Monforte.

O home, no momento de ser identificado e informado pola Policía da requisitoria sinalada, tentou escapar correndo polas rúas da cidade, sendo alcanzado finalmente polos axentes, aos que puxo resistencia activa á súa detención, increpando e insultando aos axentes para conseguir zafarse; segundo sinalan desde a Dirección Xeral da Policía.

Unha vez puideron neutralizalo, os axentes trasladarono a dependencias policiais, continuando o detido, coa súa actitude violenta e golpeando o vehículo policial. Posteriormente foi trasladado ao Hospital para observación, continuando ante as autoridades sanitarias coa actitude agresiva, sendo reintegrado a dependencias policiais para o seu traslado e ingreso en prisión.

O detido fora xulgado e condenado grazas á declaración da vítima da agresión, compatible co informe dos médicos forenses, que certificaron de maneira clara que as lesións que presentaba producíronse durante a comisión do delito para forzala. Por iso foi condenado a oito anos de prisión e ao pago dunha indemnización de doce mil euros.

ÚLTIMAS

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...