HomesociedadeRematados os accesos en Toldaos, Triacastela

Rematados os accesos en Toldaos, Triacastela

A actuación, solicitada polo Concello de Triacastela, enmárcase no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 promovido pola Consellería do Medio Rural, a través de Agader. O investimento foi de 32.662 euros, financiados integramente pola Xunta de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

As obras, que se prolongaron durante tres meses, permitiron actuar en tres camiños que se atopaban moi deteriorados pola súa antigüidade e as inclemencias meteorolóxicas e por ser vías de acceso moi transitadas ao conectar con numerosas parcelas da localidade.

En concreto, arranxouse o Camiño de Vilares, o Camiño Aira Muíña e o Camiño en Xuste, todos eles en Toldaos. Os tres son camiños de acceso a parcelas agrarias tiñan un firme deficiente e, tras as obras, contan cun pavimento de formigón armado, o que permitirá mellorar o tránsito de vehículos. A actuación tamén incluíu obras de drenaxe mediante a reapertura de cunetas.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, destaca a importancia destas obras “que van colaborar, sobre todo, para que os gandeiros vexan melloradas as condicións para realizar as súas actividades”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...