HomeCulturaO Pazo de Tor, o museo monfortino que máis primicias acolle

O Pazo de Tor, o museo monfortino que máis primicias acolle

Publicado o

- Advertisement -

O Pazo de Tor está situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o Val de Lemos na parroquia de San Xoán de Tor.

As súas orixes están ligadas á liñaxe do Garza no século XIV e a súa posesión mantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria, María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, quen fixo a doazón da propiedade á Deputación de Lugo.

O edificio foi construído no último tercio do século XVIII aínda que que conserva algún vestixio anterior e foi tamén afectado por algunha reforma posterior como foron as reparacións levadas a cabo logo do incendio por parte das tropas napoleónicas.  Poderíase enmarcar no estilo barroco aínda que ten matices do sentimento estético neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego de ordes clásicas.

No tocante a súa decoración, os elementos concéntranse nas fachadas e a organización interna do edificio diferencia claramente un baixo de servizo que alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria. O primeiro andar está reservado á residencia dos donos do pazo.

O 13 de xullo de 2006, a Deputación de Lugo abre cara o público este museo, logo de acometer nel unha serie de reformas e melloras, sempre respetando a súa estructura primitiva.

Actualmente, no museo pódese visitar a exposición “Estuches de paradojas” que estará en San Xoán de Tor ata o vindeiro 30 de setembro. O comisario da obra, Isidro López-Aparicio, propuxo ós artistas seleccionados o reto de intervir de forma que puidesen viaxar con eles e para que todos eles aparentasen ser unha banda de música. Deste xeito, o proxecto muda o lugar que deberían ter os instrumentos de música dentro dun estoxo, por unha intervención artística. Deste xeito comeza o sexteto co que comeza a Banda, pero a idea é que se amplíe e que como calquera banda poida estar aberta a posibles colaboracións e a que se sumen artistas convidados segundo os contextos. Os instrumentos musicais pasan a ser elementos decorativos nas paredes.

contexto de estuches de paradojas

A falta de apoio e o despoboamento do rural levou á desaparición de moitas bandas locais. Por iso, os instrumentos pasan a ser elementos decorativos e os estoxos quedan desposuídos do seu uso e incluso van ó lixo senón atopan un segundo uso na súa vida. E este é o reto que asumiron os artistas neste proxecto como un estímulo creador. Partindo do conflicto de que o estoxo queda baleiro, os artistas recuperan a súa orfandade resucitándoos e facendo que volvan a viaxar con propostas astísticas nunha mostra itinerante que viaxa.

 

ÚLTIMAS

“Todo sigue en mí”, un canto de vida detrás da ELA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a...

O Fogar dos Soños, Ensácrate e Viñalert, gañadores do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Este pasado sábado tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos a XI edición...

Monforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun ‘roadshow’ con información e actividades na Explanada da Compañía

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana unha interesante actividade que axudará a...

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...