HomesociedadeAlumnos de Informática do IES A Pinguela elaboran unha máquina Arcade

Alumnos de Informática do IES A Pinguela elaboran unha máquina Arcade

Alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, dirixidos por profesorado do departamento de informática do IES A Pinguela, veñen de rematar a elaboración dunha máquina Arcade. 

Publicado o

- Advertisement -

O grupo de alumnos está formado por Miguel Ángel Fernández, Manuel Enrique Sandoval, Daniel Grobas, Tomás Feijoo, Marcos Fernández, Maria Goyanes, Raúl García, Saúl Martínez, Alex Rodríguez e Brais Álvarez.

O profesorado do departamento de Informática inscribiu ao alumnado no proxecto de creación de microempresas. Decidiron chamarlle “Vintage Gaming”, unha empresa dedicada á elaboración e mantemento de máquinas Arcade personalizadas.

O traballo do alumnado requiriu seleccionar as pezas, deseñar as ilustracións e realizar a montaxe de todos os compoñentes. O traballo final foi posto a proba no instituto co fin de que toda a comunidade educativa puidese probar e coñecer o produto conseguido por este grupo de alumnos.

A microempresa será presentada no Programa Lanzadeiras que se celebrará, previsiblemente, no próximo mes de maio. Este programa está organizado pola Consellería de Educación e patrocinado pola empresa Alcoa.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...