HomeTerra de LemossanidadeEnfermeiras en Loita non se movilizan o día 12 como exercicio de...

Enfermeiras en Loita non se movilizan o día 12 como exercicio de responsabilidade fronte ao coronavirus

Enfermeiras en Loita anuncia nun comunicado que debido á alerta sanitaria causada polo coronavirus, e tendo en conta as funcions que desempeñan na contención e tratamiento da mesma, nun exercicio de responsabilidade, sinalan, renuncian a convocar a movilización presencial e mensual do 12 de marzo.

Publicado o

Sinalan desde Enfermeiras en Loita que “Pese a todo, as nosas reclamacións seguen en pé e non poden evitar verse influenciadas pola proximidade das eleccións ao Parlamento Galego, convocadas para o 5 de abril.”
Lembran o percorrido realizado e solicitan da Administración un compromiso en firme, para darlle solución ás demandas iniciadas polo colectivo, “xa que dende o comenzo puxemos o foco na problemática e as consecuencias que ten a eventualidade para doentes e profesionais.”
Denuncian a opacidade dos datos de profesionais e resaltan que a temporalidade na sanidade galega ronda o 40% do persoal, polo que consideran imprescindible a estabilización do persoal  para ofrecer uns coidados de calidade.
Reclaman o aumento do ratio enfermeira/habitante por riba da media estatal “debido a que as características da nosa terra, cunha poboacion envellecida e enormemente dispersa nun rural esquecido por case todos, fai que ese aumento sexa máis importante se cabe, e máis comparandoo con outras comunidades sen as nosas peculiaridades.”
Segundo Enfermeiras en Loita as súas reivindicacións implican solucións políticas e piden vontade e valentía para acometer os cambios, “É o momento de saber que pensan facer os nosos futuros representantes, por iso lanzamos unha campaña nas nosas redes sociais previa ó 12 de marzo, co slogan deste mes “Máis feitos e menos palabras”, no que dende a semana pasada estamos realizando preguntas en formato vídeo aos lideres dos partidos políticos que teñen representación parlamentaria na actualidade.”

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...