HomesociedadeSolución "Arca de Noé" para os maiores en residencias

Solución “Arca de Noé” para os maiores en residencias

Por Chantada pide probas de detección do Covid19 para todos os usuarios e traballadores da Domusvi de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Desde Por Chantada desexan, nun comunicado, unha pronta recuperación ás persoas afectadas polo Covid19, especialmente ás que se atopan nas residencias de anciáns e ás familias. Aseguran que situación da Domusvi de Chantada, con dous casos activos e varios traballadores de baixa, fai indispensable, “coa máxima celeridade, que se lles fagan os testes para evitar, se for o caso, un illamento que non lles corresponde de non estaren afectados. Probas que deben estenderse a todo o cadro de persoal da residencia.”

Por Chantada chama a unha profunda reflexión, “deberiamos reflexionar moito como sociedade, sobre as ratios e o modelo de xestión público-privados da Xunta na atención aos nosos maiores, as consecuencias dos recortes na sanidade pública (persoal, camas, recursos… en canto se enchen os petos das privadas) e tamén, no plano municipal, sobre manter 100% público un servizo social básico como é o SAF.”

A formación política urxe a adoptar as seguintes medidas:

  • Realización dos testes para determinar o alcance da expansión do COVID-19 a todas as persoas da residencia de Chantada (85 traballadores e 200 persoas internas).
  • Dotación suficiente de persoal de asistencia e tamén da atención médica in situ aos maiores, algo esencial.
  • Reforzo do servizo de limpeza para a desinfección das instalacións co alvo de limitar a expansión do virus.
  • Aplicar a solución “Arca de Noé” para protexer duplamente ós maiores. Esta medida consiste en separar o máximo posíbel aos residentes, xa que a distancia interpersoal é o mellor método de prevención. Úsanse nestes casos dependencias como as do centro de día.

Por Chantada insiste en que os profesionais que están na primeira línea precisan condicións dignas e seguras, “coas debidas EPIS, para exerceren como o que voluntariamente son (profesionais) e non como o que accidentalmente tiveron que asumir pondo en risco a súa saúde a dos seus seres queridos.”

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...