HomeOpiniónDiario de corentena: A volta ao máis próximo desde internet

Diario de corentena: A volta ao máis próximo desde internet

O comerciante á outra beira do teléfono lembra a importancia de comprar no comercio local cando a situación o permita, “esta crise e o confinamento poden consolidar internet no cliente, ver que poden vivir comprando por internet e poden concluír que xa non necesitan ao comercio local."

Publicado o

- Advertisement -

Cando comezabamos o confinamento sabiamos que nos enfrontabamos a unha situación nova na que previamos que cambiarían cousas no entorno e en nós mesmos; que nos dariamos máis conta do que é importante para nós e que levados pola inercia e a velocidade do cotiá non lle dedicamos tempo. Podía ser a oportunidade de relativizar o tempo e saber que queremos priorizar nel.

Cambian as vosas prioridades ou refórzanse as que xa tiñades? Queredes volver á vida de antes ou hai cousas daquela vida que agora queredes cambiar?, ademais do que xa cambiará por si mesma. O confinamento fainos pensar no básico, na familia, no próximo. Impórtanos máis o que pase no noso concello, que en París; no noso edificio que no Hula, ou o que lle pase á nosa irmá antes que ao sobriño da parella, así tampouco vimos chegar o Covid19. E volvín pensar no comercio de proximidade e no sector primario.

Como utilizamos a ventana de internet?

Co confinamento as vendas de videoxogos aumentaron, intensificouse o teletraballo, as plataformas dixitais gañan suscriptores, as redes sociais arden, Amazon aumenta as súas vendas cada día; por poñer algún exemplo. Funciona un pouco como o Covid19, sen chegar a matar, esténdese a todos os ámbitos.

Creando unha web mediante WordPress usando un ordenador portátil

O comercio de proximidade leva tempo reclamando atención e avisando das súas principais ameazas; as grandes superficies e a venda online das grandes plataformas. En Monforte, o CCU desenvolvía no pasado mes de setembro unha campaña de sensibilización na que os comercios empapelaron os seus escaparates e pecharon as súas portas para trasladar á cidadanía unha cidade sen comercio. O xerente do CCU, natural da Mariña e confinado en Monforte, vive a situación con preocupación e lembra a filosofía daquela campaña “Quen nos ía dicir que a campaña que desenvolvemos se ía ver superada pola realidade? que o peche do comercio se ía producir e non teríamos movemento nas rúas. O Covid19 presenta unha campaña complexa e radical.”

O caso é que o Covid19 paralizou a práctica totalidade do comercio de proximidade e ao mesmo tempo puxo en auxe internet. As vendas online disparáronse co confinamento e o comerciante á outra beira do teléfono lembra a importancia de comprar no comercio local cando a situación o permita, “esta crise e o confinamento poden consolidar internet no cliente, ver que poden vivir comprando por internet e poden concluír que xa non necesitan ao comercio local. Se egoistamente o cliente acepta a situación, igual por unha decisión estética de camiñar por rúas sen comercios, o comercio acabarase. Se non somos funcionais non nos poderemos salvar e teremos que comezar a mirar internet con outros ollos e comezar a vender por internet.”

Que se pode facer coas opcións que temos?

Os centros comerciais abertos, como os de Chantada, Monforte e Sarria veñen de desenvolver a campaña #MorriñaDeTi e seguen traballando na volta. En Sarria, por exemplo, están preparando unha plataforma www.acesarria.net, para que a veciñanza poida mercar produtos e servizos dos negocios da vila e consumilos cando isto acabe. Baixo o lema “Voltaremos, Querémoste con nós”, a plataforma estará operativa a partir do próximo sábado, día 18 de abril.

No sector primario, o Conselleiro do Medio Rural, anunciaba este mércores que os agricultores, gandeiros e industrias transformadoras de produtos agroalimentarios galegos poden solicitar a súa adhesión como provedores da rede “Mercaproximidade”, que pretende “concienciar da importancia de consumir produtos de proximidade, non só pola súa calidade senón tamén para recoñecer o papel fundamental do agro galego á hora de garantir o abastecemento de alimentos durante o estado de alarma.” Que se pode facer coas opcións que temos?

Posto relacionado coa horta na Praza de Abastos / XdL

 

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...