HomesociedadeDomusvi de Bóveda único centro con casos activos na provincia onde se...

Domusvi de Bóveda único centro con casos activos na provincia onde se baixa a 49 positivos

A Domusvi de Bóveda con 5 casos activos queda como único centro na provincia con positivos de Covi19. O resto de residencias e centros de atención a persoas con discapacidade están, a día de hoxe, libres de coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa de que a área sanitaria de Lugo rexistra este venres, 29 de maio, 49 casos activos por coronavirus, dous menos ca onte. Este novo descenso no cómputo total vén acompañado tamén doutra boa noticia: a Unidade de Coidados Intensivos do HULA xa só atende un paciente con COVID-19. 

No día de onte, igual ca nas últimas xornadas, o Hospital Universitario Lucus Augusti contabilizaba dous enfermos de coronavirus na UCI. Hoxe é un, tras pasar un deles a planta. Así, o reconto oficial recolle unha persoa na unidade de críticos, tres en hospitalización, e 45 no seu domicilio. No histórico da provincia, o Sergas sinala que xa se recuperaron 871 persoas que pasaron a doenza. Non hai novidades no número de vítimas mortais (27), que se mantén invariable dende hai máis de tres semanas. 

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu a 773, o que supón 26 menos que este xoves, mentres que os pacientes curados aumentaron a 9.896, o que implica 47 máis que a xornada pasada.

Así consta nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, nos que se indican que cinco persoas permanecen en UCI en hospitais de Galicia, 37 seguen noutras unidades de hospitalización e 731 en seguimento domiciliario.

 

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...