HomePolíticaOlalla Rodil animou ás veciñas e veciños de Monforte "a confiar no...

Olalla Rodil animou ás veciñas e veciños de Monforte “a confiar no BNG”

O Parque dos Condes de Monforte acolleu este luns, 29 de xuño un dos encontros públicos da campaña electoral do BNG. A número un por Lugo, Olalla Rodil, estivo arroupada por Néstor Rego, deputado no Parlamento español, Rosa Ana Prieto, responsable comarcal, e Emilio J. Sánchez, concelleiro dos nacionalistas en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O coñecido ‘cuadrado’ do Parque dos Condes foi testemuña do primeiro mitin “postcovid” na cidade de Monforte cun acto que organizaba o BNG para pedir o voto dos monfortinos e das monfortinas de cara ás eleccións do vindeiro 12 de xullo.

A organización foi todo un éxito, tanto no que se refire a adopción e cumprimento das medidas sanitarias como no que respecta á asistencia, con máis dun cento de persoas dentro do recindo acordoado. Distanciamento entre asistentes, xel hidroalcólico na entrada e máscaras para aqueles que non a trouxeran, persoal da organización acomodando e dando instruccións, etc. Imperou a organización e o civismo.

Entrando na valoración das intervencións, o concelleiro de Monforte Emilio J. Sánchez fixo unha breve presentación e desculpou a súa posterior ausencia por ter que asistir ao Pleno que se celebraba no Concello de Monforte. A continuación tomou a palabra Rosa Ana Prieto, responsable comarcal, que puxo énfase na necesidade de mirar polo rural pero non para saír na foto, e denunciou o desmantelamento do transporte público, cuns servizos de autobús e de tren que van camiño de desaparecer por completo. “A estación de tren de Monforte acabará converténdose nun gran museo”, chegou a dicir. E tamén tivo unhas verbas para a Ribeira Sacra, a que considerou gran aposta económica da comarca sempre que revirta en revitalizar o rural e en crear postos de traballo.

Rosana Prieto, Olalla Rodil e Néstor Rego. Foto: Prensa BNG

A candidata por Lugo, Olalla Rodil, afirmou que “Monforte precisa do GALTREN, un ente público galego que impulse o transporte de proximidade na Galiza”, e engadiu que “RENFE continúa a maltratar a estación de Monforte ao non recuperar todos os servizos despois do estado de Alarma, a solución a isto pasa por xestionar nós os nosos recursos”.

Tamén tivo palabras para agradecer á mocidade presente a súa oposición á ultradereita e para reivindicar o rural indicando que ”vertebrar as comunicacións do noso territorio e garantir o acceso de toda a poboación aos servizos públicos son dúas das medidas máis necesarias para poñer freo ao despoboamento do rural”, declarou Rodil. Rematando a súa intervención pediu á veciñanza de Monforte “que confíen no proxecto do BNG para facer unha nova Galiza a partir do 12 de xullo con Ana Pontón como presidenta”.

Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo. Foto: Prensa BNG

O deputado do BNG no Parlamento do Estado, Néstor Rego, puxo o foco na necesidade dunha Tarifa Eléctrica Galega. Segundo Rego, “non é normal que sexamos un dos territorios onde se produce unha grande parte da enerxía que se consume no conxunto do estado e teñamos unha das facturas eléctricas máis altas de Europa”. “As galegas e galegos non podemos pagar a luz máis cara que en Madrid malia ser nós quen xeramos esa enerxía”, declarou Néstor Rego.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...