HomesociedadeO Hospital de Monforte sen Covid19 despois de máis de 3 semanas

O Hospital de Monforte sen Covid19 despois de máis de 3 semanas

Desde comezos de setembro o Hospital de Monforte contaba con pacientes con coronavirus, chegando a ter 4 persoas ingresadas con este diagnóstico, segundo os últimos datos de Sanidade nin o Hospital de Monforte nin o da Mariña contan con ingresados por corinavirus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A provincia conta este venres, 25 de setembro, con 630 casos activos de Covid19, 10 menos ca onte; dos que 44 están en hospitalización, 35 no HULA e 9​ no Polusa. Cóntasecon 5 paciente en UCI no HULA. 581 dos casos diagnosticados están en domicilio.

Lévanse producido na provincia 84 falecementos nun total de 3.047 casos desde o comezo da pandemia.

No Hospital de Monforte volvía a haber pacientes con coronavirus a comezos de agosto, despois de levar máis de tres meses e medio sen hospitalizados con este diagnóstico. Días despois volvían quedarse sen hospitalizados por coronavirus e outra vez a finais de agosto volvían ter estes pacientes, para quedarse sen eles o 28 de agosto e desde o 3 de setembro contaban con hospitalizados por Covid19.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...