HomesociedadeFolgoso do Courel pídelle á Deputación que acondicione a estrada á A-6

Folgoso do Courel pídelle á Deputación que acondicione a estrada á A-6

O Concello de Folgoso do Courel solicitará á Deputación de Lugo que acondicione o último tramo de seis quilómetros da estrada provincial LU-P-1301 que é a principal vía de entrada ao Concello dende a autovía A-6.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa, Lola Castro, explica que “a pesar de que este tramo se sitúa no termo municipal de Pedrafita, é de sumo interese para o noso Concello ao ser a vía que comunica co Concello de Pedrafita, coa autovía do noroeste e que, incluso, serve de acceso ao territorio que conforma o recentemente declarado Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel”.

Esta iniciativa do grupo de Goberno local aprobada por unanimidade no pleno do pasado venres recolle tamén unha solicitude á institución provincial para que inclúa nos seus orzamentos unha partida para a elaboración do proxecto e o inicio das obras de mellora; así coma información sobre as medidas que a Deputación de Lugo ten previsto adoptar neste tramo de estrada. 

A alcaldesa sinala que “durante unha reunión mantida o 18 de xuño deste ano para abordar entre outros temas o arranxo deste tramo da vía provincial que falta por mellorar, o presidente da Deputación ten manifestado a intención de encarar este asunto neste mandato”. 

Lola Castro defende a necesidade de levar a cabo canto antes esta mellora ante “o mal estado das vías provinciais” ao seu paso polo termo municipal de Folgoso do Courel que se suma “ás situacións de illamento que sofre este Concello de alta montaña por mor das grandes nevaradas do inverno”.

Mellora da LU-651

A rexedora local indica que “a estrada LU-P-1301 é a espiña dorsal do noso Concello xunto co tramo da estrada autonómica LU-651”. A este respecto, Lola Castro explica tamén que “a Xunta conta cunha partida orzamentaria para a mellora desta vía de titularidade autonómica”. De feito, “xa foron sometidos a exposición pública os terreos afectados e o procedemento atópase na fase previa á licitación da primeira fase das obras”.

ÚLTIMAS

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...