HomesociedadeExposición do Camiño e bolsas para o transporte en Sober

Exposición do Camiño e bolsas para o transporte en Sober

O Centro Sociocultural do Concello de Sober acolle a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo". Mentres, o concello abre ata o 17 de novembro o prazo de solicitude das bolsas de axuda ao transporte universitario para os estudantes da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra itinerante “O Fin do Camiño” chega ao Concello de Sober. Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia.

As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos –Eduardo Ochoa e Carlos Puga– que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros.

Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz. Exprésase a procedencia dos peregrinos de lonxanas terras, polos camiños todos que levan a Compostela… destacando aspectos como que Europa se mira en Compostela, a peregrinación en multitude ou en soidade, os peregrinos singulares ou anónimos, o millón de pasos que constitúe o Camiño Francés, a cadea de fervores que o Camiño supón, para chegar á Capital de Occidente, visitar a tumba do apóstolo, completar un camiño interior reflexo do exterior percorrido, e emprender o Camiño de volta.

Sober abre o prazo de solicitude das bolsas de axudas ao transporte universitario

Os interesados e interesadas poderán cursar as súas peticións ata o día 16 de novembro. Os trámites poderán levarse a cabo nas oficinas municipais ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sober. A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.

Todos os alumnos e alumnas de Sober que cursan estudos universitarios poden optar ás bolsas. O Goberno local trata así de colaborar coas familias mediante esta axuda que concede todos os anos.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...