HomeCulturaActividade infantil no Courel

Actividade infantil no Courel

O vindeiro 21 de novembro a Aula da Natureza de Moreda, en Folgoso do Courel, organiza unha sesión de contos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En pleno outono, e no corazón do Courel, na aldea de Moreda, realizarase unha interesante actividade de narración oral orientada a público infantil e recomendada para nenos e nenas de 0-12 anos.

Segundo explican as organizadoras, unha trasna que vive no Courel vainos contar “A historia do Oso Caroso”, o primeiro oso que volveu á serra despois de moitos anos. Unha aventura de como o protagonista chegou aquí, como descubriu moitas paisaxes, como coñeceu outros animais e como levou algún que outro susto.

A actividade desenvolverase na Aula da Natureza de Moreda o sábado 21 de novembro entre as 11:00 e as 13:00 h. sendo necesaria inscrición previa a través do correo electrónico aulademoreda@gmail.com ou chamando ao teléfono 669 906 030.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...