HomesociedadeSarria celebra o Black Friday

Sarria celebra o Black Friday

Este venres e sábado, días 27 e 28 de novembro respectivamente, o comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES organiza o "Black Friday", na búsqueda de promocionar as vendas dos artigos de tempada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Black Friday busca incentivar ao consumidor a adiantar as compras de Nadal mercando no pequeno comercio. Un total de 27 establecementos participarán nesta quinta edición organizada dende a Aces-CCU, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, calzado, óptica, beleza, etc… 

Este ano será algo distinto pola situación derivada da pandemia, sempre buscando as condicións para realizar unha compra segura, sen aglomeracións e poñendo a disposicición dos clientes as medidas hixiénico-sanitarias precisas e de distancia. Por outro lado, en varios dos establecementos participantes que dispoñen de páxina web, incentivase así a compra a través da mesma ou por outros medios virtuais, con recollida en tenda, e/ou noutros casos con envío ao domicilio.

Os establecementos abrirán no seu horario habitual e ofertarán os seus produtos cun 20 % de desconto. Os establecementos contarán co cartaz promocional desta campaña, o cal permitirá que os clientes identifiquen con claridade os participantes.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...