HomesociedadeReis Magos e agasallos en Sarria

Reis Magos e agasallos en Sarria

Os Reis Magos deixaron agasallos na súa visita por parroquias e xa se coñecen os gañadores do 'Sorteo da Milla de Sarria'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Reis Magos percorreron o pasado día 5 as parroquias de Sarria nun traxecto que comezou ás 11:00 h. no Colexio de San Fiz Callas e que rematou en Louseiro ás 18:45 h.

A visita das Súas Maxestades non foi a habitual pero resultou unha boa experiencia, nunha visita diferente ás familias sempre co cumprimento das medidas sanitarias de distanciamento e non amoreamento de xente.

O agasallo que entregaron aos pequenos e pequenas foi un libro editado pola Imprenta Galicia a iniciativa do Concello de Sarria e escrito por Fátima López, que o cedeu gratuitamente.

A maiores, e dentro da campaña “Gardiáns do arco da vella”, o concello lembra que hai marcapáxinas e pulseiras, tamén como agasallo da propia autora, que se poden pedir, entre outros sitios, na Biblioteca Municipal Camilo Gonsar.

Noutra orde de cousas, tamén se informa dende o Concello de Sarria que as bólas gañadoras da primeira edición do Concurso de Bólas de Nadal poden verse na Biblioteca Municipal e que xa se coñecen tamén os gañadores do ‘Sorteo da Milla de Sarria’ -25 premios de 100 euros cada un canxeables por ese importe ou superior en facturas de compra no comercio local-.

Aquí están os dorsais gañadores e poden consultarse todos os datos na web www.sarriacorre.com.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...