HomesociedadePreséntase a Guía de Árbores e Formacións Singulares da Ribeira Sacra

Preséntase a Guía de Árbores e Formacións Singulares da Ribeira Sacra

A conselleira de Medio Ambiente, Ángelez Vázquez, presentou este martes unha publicación que agrupa as árbores e formacións singulares da Ribeira Sacra, na que se conxuga o patrimonio natural e etnográfico desta comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta guía, Medio Ambiente inclúe exemplares como o carballo do Pazo de Cartelos, un dos mellores exemplares desta especie que hai en Galicia e en España, e que foi o escenario no que se presentou esta guía. En total, o libro pon en valor 16 árbores singulares e dúas formacións que se atopan en 11 concellos desta comarca, polo que estes exemplares naturais, de beleza e importancia extraordinaria, son o fío condutor que define un total de seis roteiros para coñecer o patrimonio da contorna.

Trátase de seis itinerarios que se poden realizar a pé, en bicicleta ou en coche e, para cada un deles, facilítase información esencial, como a distancia, punto de orixe e destino, percorrido e puntos de interese; así como unha pequena historia e detalles históricos sobre a localización ou a súa contorna. De maneira complementaria, tamén se inclúe información relativa ao campo cultural, turístico, gastronómico e de interese da zona, e referencias ás páxinas web, por se os visitantes queren ampliar a información.

Plan de acción estratéxico

Ángeles Vázquez lembrou que a guía presentada este martes é un dos dez proxectos que se recollen no Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, impulsado polo Goberno galego, e que representa unha estratexia de actuación ambiental e de ordenación que beneficia a 30 concellos. Desde a posta en marcha, no ano 2019, desta iniciativa para a conservación do patrimonio material e inmaterial desta zona, conseguíronse, “fitos importantes”, dixo a conselleira, como o Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra, o segundo que se asina en Galicia; ou a declaración da área Integral da Ribeira Sacra, a tramitación do Plan de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma, ou o impulso á candidatura a reserva da biosfera da Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel.

Viñedo D.O. Ribeira Sacra / D.O. Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...