HomesociedadeO Hospital de Monforte volve atender un paciente de Covid

O Hospital de Monforte volve atender un paciente de Covid

Os casos activos non aumentan na provincia, mentres que si que o fan no resto de áreas sanitarias

Publicado o

- Advertisement -

O último balance de datos do Sergas indica que na área sanitaria de Lugo hai 173 casos activos de coronavirus, tres menos ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse 10 novos positivos. 

O  número de hospitalizacións non varía (11), aínda que si que o fai a distribución por centros sanitarios. Agora os tres hospitais públicos volven atender algún paciente de Covid en planta: 5 no Hula, 2 na Mariña e 1 en Monforte. Ademais, hai outros tres pacientes ingresados na Uci do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Dende o inicio da pandemia faleceron en Lugo 212 persoas diagnosticadas co virus, curáronse 11.839 e realizáronse 215.104 probas PCR.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...