HomePolíticaO BNG de Quiroga interésase pola situación dos núcleos rurais

O BNG de Quiroga interésase pola situación dos núcleos rurais

O BNG de Quiroga comezou unha serie de visitas a núcleos rurais do concello para falar coa veciñanza e coñecer o grado de satisfacción que teñen respecto aos servizos municipais. A primeira visita foi a Bendollo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Bendollo os veciños insistiron no acondicionamento lumínico do lugar coñecido como ‘A Cavorca’, unha praza que está sen iluminar e na que se reúne a xente. Agardan solucións que o concello comprometeu e seguen sen chegar. Tamén lle trasladaron ao BNG queixas pola falta de limpeza nas rúas e o estado de abandono da zona lúdica que hai onde a Igrexa e o seu malestar co estado da estrada que vai dende a N-120 ata Bendollo. “Puidemos comprobar como hai fochancas importantes nese acceso e precisarían dunha reparación, esperamos que entre este tramo nos arranxos de vías que cubre o Plan Único”, refiren os nacionalistas.

Fochanca na estrada / BNG Quiroga

Quéixanse tamén os veciños polo indicador de poboación de Bendollo, un cartel de Bendilló reutilizado ao que se lle borrou o til final e o “I” converteuse nun “O”. O BNG asegura que estas incidencias serán trasladadas ao Concello de Quiroga por escrito e animan tamén á veciñanza a insistir e reclamar directamente no propio concello para que as súas queixas sexan atendidas como se merecen.

Cartel poboación / BNG Quiroga

Dende o BNG de Quiroga lembran que o pasado 11 de setembro de 2020 pediron no Pleno Municipal un “Plan de limpeza anual dos núcleos urbanos das aldeas, unha limpeza integral unha ou dúas veces ao ano por parte do persoal do concello”, rogo que foi contestado polo alcalde, Julio Álvarez do seguinte xeito “non hai ningún núcleo de poboación que solicitara a limpeza de rúas… temos 119 pobos, si non dicen nada é que están contentos, aqueles que o piden inténtase atender dentro das nosas posibilidades”.

A intención dos nacionalistas é seguir insistindo e pedindo máis atención para núcleos rurais, ao considerar que hai máis vida alén do núcleo urbano de Quiroga.

ÚLTIMAS

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar...

8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do Carné +65

Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos (entre os 81.000 da provincia de...

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

A prohibición de queimas para particulares dos restos agrícolas e forestais implica que non...

30 candidaturas presentaron en Monforte a solicitude para participar no Concurso de Premios do Deporte 2025

O Concello de Monforte vén de anunciar as 30 candidaturas que se presentaron para...