HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelFolgoso do Courel rexistrou un terremoto de 2,2º

Folgoso do Courel rexistrou un terremoto de 2,2º

Laza rexistrou tres sismos nos últimos dous días.

Publicado o

- Advertisement -

A localidade de Folgoso do Courel sufiu este luns 31 de maio outro tremor de terra. Neste caso ocorreu ás 9,26 horas a 8 quilómetros de profundidade e tivo magnitude 2,2.

Tamén o municipio ourensán de Laza volveu a rexistrar varios terremotos desde este fin de semana, con tres tremores en dous días, mentres que na localidade de lucense de Folgoso do Courel houbo outro de magnitude 2,2.

Así consta nos datos publicados polo Instituto Xeográfico Nacional, recollidos por Europa Press, nos que se indica que o domingo 30 de maio houbo en Laza un tremor ás 22,42 horas de magnitude 2,1, ao que seguiu uns minutos despois outro de 1,5.

Posteriormente, este martes 1 de xuño rexistrouse outro sismo neste municipio ourensán de magnitude 1,7. Neste caso foi a media tarde, ás 19,19 horas, segundo os rexistros.

Tamén na xornada deste martes 1 de xuño o municipio ourensán do Carballiño foi escenario doutro terremoto, neste caso ás 20,28 horas de magnitude 1,6.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...