HomesociedadePingueiras no Hospital Comarcal de Monforte por mor das obras

Pingueiras no Hospital Comarcal de Monforte por mor das obras

CSIF denuncia publicamente o estado de deterioración no que se atopa o hospital de Monforte debido ás obras que se se acometen no centro ao producirse unha serie de pingueiras en distintas partes do hospital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 11 de xuño nunha reunión celebrada coa Xerencia, este sindicato requiriulle á Xerente que dese solución a esta situación, ao que esta respondeu que o problema das pingueiras xa estaba resolto. Asegurando desde xerencia, segundo o sindicato, que as pingueiras existentes non son motivadas polas obras.

CSIF e os traballadores aseguran que isto non é así, “onde a día de hoxe existen unhas tremendas pingueiras, como é o caso do corredor en planta, corredor de endoscopias e cociña, xamais as houbo; ademais dase a casualidade de que coincide debaixo de lugares onde se están executando ditas obras.”

O sindicato esixe a necesidade de emendar tales deficiencias e se pidan responsabilidades a quen corresponda. “Non entendemos que nun hospital público do Sergas como é o caso do noso hospital, esteamos a padecer unhas condicións tan precarias como o ter que poñer cubos para recoller a auga da choiva que cae a barullo nos corredores por onde transitan traballadores e pacientes,” conclúen.

ÚLTIMAS

A 48 edición do Rally San Froilán, os días 16 e 17 de outubro, estrea treito en Sarria

As novidades do percorrido son o treito de Baralla, con saída e meta na...

Aberto o prazo de matriculación para a Escola Municipal de Danza de Monforte

O Concello de Monforte informa á veciñanza que a Escola de Danza Municipal comezará...

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...