HomeCulturaCharla sobre mulleres da Ribeira Sacra en Carballedo

Charla sobre mulleres da Ribeira Sacra en Carballedo

O acto será o 26 de xuño e organízao a Asociación de Veciños O Bubaíño de Castro de Carballedo en colaboración coa Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro sábado 26 de xuño a Oficina de Turismo de Castro, en Carballedo, acollerá unha conferencia sobre o papel da muller na Ribeira Sacra na Idade Media ás 16:30 h.

O título completo desta charla é “As mulleres da Ribeira Sacra na Idade Media. As relixiosas da Cova e Chouzán e outras mulleres da contorna”, e o conferenciante Miguel García Fernández, historiador e titulado superior de Actividades Técnicas e Profesionais no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC. García Fernández ten participado en diferentes congresos nacionais e internacionais e publicou diferentes traballos en revistas e obras colectivas, especialmente sobre a historia medieval de Galicia, a historia das mulleres e a documentación medieval galega.

Segundo comentan as organizadoras, da Asociación de Veciños O Bubaiño, “pretendemos con este tipo de charlas dar a coñecer a importancia do papel da muller na Ribeira Sacra e polo que atinxe a Carballedo, no mosteiro da Cova e Chouzán. Queremos que se saiba que estas mulleres non eran só relixiosas, senón que se encargaban doutro tipo de tarefas”.

Ademais de reivindicar a figura da muller na historia pretenden que este tipo de actividades sexan unha chamada de atención ás administracións polo abandono no que se atopa a Ribeira de Carballedo. “Non está a ser explotada nin de xeito agrícola nin de cara a un turismo sostible”, afirman.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...