HomeEconomíaA taboadesa CM Stores & Innovative Bussines ofrecerá formación en 'Marketing e...

A taboadesa CM Stores & Innovative Bussines ofrecerá formación en ‘Marketing e Publicidade’

Será a única empresa de Galicia que imparta o 'Ciclo Superior de Marketing e Publicidade en modalidade FP Dual'. Para este ciclo formativo de grao superior en modalidade de 'Grupo Completo de Formación Profesional Dual' ofreceranse 14 prazas no CIFP As Mercedes de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa da que tanto se fala ultimamente en Taboada e Galicia pola súa expansión grazas ao desenvolvemento innovador da venda online, coñecida polos seus proxectos de ComercialMida.es ou PisadAnimal.es, abre unha liña estratéxica de formación.

Tras asinar días atrás un convenio coa Consellería de Educación, a empresa matriz, CM Stores & Innovative Bussines SLU, ofertará de forma exclusiva en modalidade de grupo completo o Ciclo Superior de Marketing e Publicidade.

CM Stores & Innovative Bussines SLU inicia o ciclo na modalidade de Grupo Completo para os cursos 2021-2023. Trátase do ciclo formativo de Grao Superior de Marketing e Publicidade en colaboración co Centro Integrado de Formación Profesional das Mercedes en Lugo. Ofrecerase un total de 14 prazas e o alumnado combinará a formación curricular do centro educativo cunha perspectiva práctica e remunerada no seo da empresa asentada en Taboada.

Ciclo formativo de ‘Grao Superior de Marketing e Publicidade’ en colaboración co Centro Integrado de Formación Profesional das Mercedes en Lugo

Unha nova aposta desta empresa dixital galega dedicada á execución de proxectos de comercio electrónico que vai precisar no futuro próximo de traballadores especializados nesta competencia profesional. “Con afianzamento e forte implantación, esta iniciativa de formación de profesionais cualificados tentará que os nosos futuros proxectos sexan todo o fortes para poder competir en mercados hiperespecializados, como son o estadounidense ou o chinés”, afirma o xerente, Diego Villar.

O seu obxectivo é ser unha referencia do comercio electrónico en España e en Europa. Entre as súas apostas está o fortalecemento dos seus departamentos que se encontran en continua evolución na súa adicación ao márketing e a publicidade.

O seu obxectivo é ser unha referencia do comercio electrónico en España e en Europa

Por esta razón a formación dentro da empresa e a posibilidade de contar con alumnos aos que poder formar para a obtención dun traballo futuro é unha cousa á que lle dan unha gran importancia, sen renunciar a levalo a cabo dende a súa localidade de Taboada, un pequeno concello da provincia de Lugo.

RESERVA DE PRAZAS

A posibilidade de reservar praza e matrícula neste ciclo formativo que se impartirá conxuntamente co CIFP As Mercedes comeza o día 25 de Xuño e remata o 2 de Xullo.

O alumnado admitido e matriculado poderá compaxinar a súa formación con prácticas remuneradas na empresa a partires deste curso nun proxecto inicial que abrangue dous anos completos.

Para máis información sobre o proceso de admisión pódese consultar a web http://www.edu.xunta.es/fp/admision ou contactar directamente co CIFP As Mercedes de Lugo.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

O Boletin Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución definitiva das...

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...