HomeComarca de SarriaSarriaO foco de Sarria ten xa 41 casos

O foco de Sarria ten xa 41 casos

Trátase de máis dunha trintena de casos vinculado a unha comida, e outro familiar máis pequeno.

Publicado o

- Advertisement -

O municipio de Sarria concentra 41 casos de Covid-19 vinculados a dous brotes, un inicial con máis dunha trintena de casos vinculado a unha comida, e outro familiar máis pequeno.

Segundo informou este xoves o xerente da área sanitaria luguesa, Ramón Ares, o brote de Sarria iniciado xa hai uns días “segue acoutado” e “achegando novos casos”, posto que este mércores “incrementouse en cinco casos máis”, relacionados cos iniciais e “todos trazados” e pertencen ao mesmo grupo inicial.

“Ademais do brote principal, temos outro pequeno en Sarria nunha familia, de xente que se desprazou de fóra, e achegaron onte (mércores) outros tres máis”, comentou.

Ares puntualizou que se trata de “casos totalmente trazados”. “Temos este brote acoutado en fase de estabilización”, afirmou, para puntualizar que “pode aparecer algún caso máis, pero non da forma explosiva que da semana pasada”.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...