Recentemente o BNG de Pantón facía públicas unha serie de críticas ao goberno local, asegurando que había falta de transparencia e falta de ideas nun goberno que “disfrazaba salarios encubertos en forma de dietas.”
O alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez, sae ao paso das críticas nacionalistas lembando os temas aprobados no último pleno:
- Rehabilitación da edificación para catro vivendas no lugar do Curro por un importe de 268.000,00€.
- Saneamento de augas residuais en Vilamelle na II e III fases por un importe total de 186.261,00€.
- Implantación de sistema de control e telemedida en instalación de abastecemento municipal que alcanza a cantidade de 49.818,00€
- Adquisición e colocación de elementos de xogo e biosaludables en parques municipais que supoñen unha inversión de 45.000,00€.
- Execución das obras de reforma do pavillón municipal, alcanzando unha contía de 150.000,00€
- Axudas á hostalaría naqueles casos que seus negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da COVID-19 e que alcanzan 18.000,00€.
- En materia de urbanismo tratouse tamén o acondicionamento de paseo peonil de entrada a Ferreira pola antiga nacional 120 desde o Curro, e diante do mosteiro cisterciense do Divino Salvador que supoñen 210.00,00€.
- Tratouse a “humanización dos accesos ao balneario e fonte de Augas Santas, en Pantón por unha contía de 99.999,99€.
- A adquisición de de un inmoble para fins municipais por un importe de 75.00,00€
- Mellora de instalacións municipais que supoñen 65.000€
Segundo o rexedor local estas proposta, que foron levadas a pleno para habilitar crédito, aprobáronse co voto a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG. Pregúntase o alcalde “¿Perderíanse todas estas obras que a Xunta financia na maior parte nun 70 % , se o PP non tivera maioría absoluta? Eu estou convencido de que si. Como explicará e xustificará o BNG ós veciños de Vilamelle que se opón a melloras no seu saneamento de augas residuais, proxecto polo que levan interesados moito tempo?”
Para o alcalde é inexplicable que o BNG, durante a pandemia estivese facendo campaña entre a hostalaría pantonesa para solicitar axudas e no momento que estas se destinan, se opoñan a que as reciban votando en contra. “Xa nos teñen acostumados a este tipo de de políticas, máis ben malas políticas,” continúa o alcalde, “Non hai moito criticaban o estado das estradas deste concello e cando se levan a pleno na Excma. Deputación de Lugo non teñen mellor opción que votar en contra. Estas prácticas, dende o meu humilde punto de vista, non son a mellor forma de facer país. Agradecería que se cambiasen na súa forma de actuar e que sumasen, polo ben da veciñanza e que non se dediquen a restar forzas nin medios.”