HomeCulturaOliver Laxe e Chelo Loureiro repensan en Monforte a industria do cine...

Oliver Laxe e Chelo Loureiro repensan en Monforte a industria do cine durante o Camiño Creativo a Santiago

O Camiño Creativo – XACOBEO21 Emprende! nace para impulsar o emprego e dinamizar o talento emprendedor no marco do Xacobeo 2021 e 2022, nun escenario de crise económica, cultural, social, ambiental e emocional sen precedentes. Trátase dunha iniciativa deseñada desde España Creativa e impulsada desde a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España (RECITCREA) da que o Concello de Monforte é Socio Fundador.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 14 de xullo, a Tenente Alcalde, Gloria Mª Prada recibe no Centro do Viño de Monforte aos 15 Emprendedores que se forman ao longo do Camiño Creativo de Santiago. Ademais intervirá a deportista, Saleta Fernández, quen dará unhas palabras sobre o necesario paralelismo entre os valores do deporte e o emprendemento, tales como o esforzo, a superación, a constancia, o fracaso e o éxito como partes do camiño,..,

Estará acompañada por Belén Elisa Díaz, monfortina Presidenta da Asociación España Creativa, ideóloga do proxecto. Na ETAPA-5, en Monforte de Lemos, ademais impartirase de maneira gratuíta e aberta, un Taller sobre o desenvolvemento do Proxecto Emprendedor con Emilio Froján, CEO do Instituto do Talento, que se desenvolverá no Centro Cívico, en horario de 15:00 h a 19:00 h.

Na Sala da Cultura ás 20.00 h terá lugar o Encontro sobre “Repensar a Industria do Cinema no contexto actual e as novas oportunidades de negocio do sector audiovisual no mundo rural”. Participará o director de “O que arde”, Oliver Laxe; xunto coa cineasta de animación Chelo Loureiro fundadora da produtora Abano Produccións en 2007, ademais, de importante activista polo recoñecemento das mulleres dentro do campo audiovisual.

Non é necesaria a inscrición para calquera das 3 actividades, ata completar aforo.

O Camiño Creativo e a aventura de emprender

O Camiño Creativo realízase ata o 25 de xullo presencialmente e tamén virtualmente. Ambas as realidades discorren paralelamente nun mesmo territorio que é tamén patrimonio vivo declarado Patrimonio da Humanidade, o primeiro itinerario europeo, o propio Camiño de Santiago.

O obxectivo do camiño é xerar redes para potenciar a cultura do emprendemento e emprender xuntos, en momentos complicados como os actuais. En outubro farase unha nova actividade para pechar o ano cun Encontro dos Emprendedores do Camiño Creativo en Santiago de Compostela. No 2022, culminaríase coa realización do Camiño Creativo completo de Madrid a Santiago, unindo tres camiños, o Camiño de Madrid, o Camiño Francés e o Camiño de Inverno, pasando por 3 comunidades autónomas, 6 deputacións e 30 concellos, un total de 40 días, todo un reto e unha experiencia única, semellante a “a aventura de emprender”.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...