HomesociedadeFormación sobre a loita contra a velutina o día 27 en Monforte

Formación sobre a loita contra a velutina o día 27 en Monforte

A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, organiza o día 27 entre 16.00 e 21.00, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte unha formación sobre a vespa velutina e os medios existentes para combatela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo da iniciativa é dar a coñecer as estratexias que se están investigando, así como as que máis éxito amosaron ata o de agora, para controlar a poboación de avespa velutina que está a afectar a produción das colmeas galegas. Primeiramente, búscase que os participantes diferencien esta especie da avespa autóctona, para logo coñecer o seu ciclo biolóxico, os métodos de trampeo e atraíntes segundo a época do ano e o uso e mantemento de arpas eléctricas, así como as últimas novidades en investigación ao respecto.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Neste enlace pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico cesar.crespo.vazquez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889106.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...