Homesociedade75.000 euros para a posta en valor dos edificios ferroviarios da Pobra...

75.000 euros para a posta en valor dos edificios ferroviarios da Pobra de San Xiao

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes co Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega ao Concello 75.000€ para que poida adquirir os terreos e os edificios ferroviarios que o Adif ten en desuso na Pobra de San Xiao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente puxo en valor a decisión do Alcalde e do equipo de goberno de Láncara de adquirir os terreos para poñer en marcha un proxecto ambicioso para a localidade, ademais de subliñar “a gran capacidade de negociación e de convicción” de Darío Piñeiro á hora de involucrar á Deputación nesta iniciativa.

“Debemos pensar a longo prazo, ter visión de futuro, e iso é precisamente o que está facendo o Alcalde e o equipo de Goberno de Láncara coa compra destes terreos, impulsar un proxecto de futuro que contribuirá ao desenvolvemento social e económico do concello e a fixar poboación no rural”, manifestou.

O Presidente explicou que o proxecto “suporá un avance importante cara un modelo de urbanismo máis sostible, máis humanizado e cun maior protagonismo para os peóns. A recuperación destes terreos converterase nun novo atractivo para Láncara, nun elemento que atraerá a persoas doutros municipios para desfrutar dunha oferta de ocio de calidade, familiar e en contacto coa natureza, que é o que máis se valora na saída da pandemia”.

Esta nova colaboración económica de 75.000€ que fai agora a Deputación de Lugo con Láncara súmase, entre outras, ao investimento de preto de 300.000€ que inxecta no Concello a través do Plan Único.

A institución tamén colaborou coa entidade local para a mellora e renovación da antiga escola de Láncara, situada na parroquia de Veiga de Outeiro, un proxecto no que se investiron 48.000€, dos que a Deputación achegou 46.000€, o 96% do total. As obras consistiron na unión das dúas salas que conforman o edificio nun único espazo, o que facilita a realización de actividades sociais e culturais. Tamén se remodelaron os aseos para facelos máis accesibles.  

Escola Láncara / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...