HomeComarca de QuirogaA alcaldesa de Folgoso do Courel critica a intención de Telefónica de...

A alcaldesa de Folgoso do Courel critica a intención de Telefónica de “cortar” o servizo na zona

Moitos veciños recibiron unha carta na que se lles empraza a que se "enganchen" a outras tecnoloxías de Movistar.

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, demandou a Telefónica que “non corten” a liña de Internet a moitos veciños do concello que recibiron unha carta na que se lles empraza a que se “enganchen” a outras tecnoloxías de Movistar ou se lles cortará pola “vía de cobre”.

En declaracións aos medios este luns, Castro sinalou que isto ten que ver “coa primeira fase do Plan de Telecomunicacións do Estado para pór fibra óptica”, que afecta a Seoane e a Folgoso do Courel.

Agora, a compañía remitiu unha carta na que anuncia que “o 26 cortaranlles Internet, e para iso téñense que enganchar a través de fibra óptica, ondas de radio ou por satélite”.

Precisamente, a alcaldesa incidiu en que “aquí non hai boa cobertura de satélite en moitos puntos, por moito que Telefónica se empeñe en dicir que si”. “No concello encargouse un estudo de sitios onde falta cobertura e Telefónica di que si, que hai unha raia ou dúas, pero iso non é suficiente para ter Internet ou teléfono”, manifestou.

Nestes momentos, subliñou Lola Castro, “están a porlles un aparello no teléfono aos veciños que non poden engancharse e seguen tendo interferencias”.

A iso sumar, continúa, que en Seoane ou en Folgoso “quedan veciños aos que non lles chega a fibra e doutra banda está Santa Eufemia ou Esperante que é onde está o cámping e por aí pasa a fibra óptica pero como non a soliciten non lla pon e cortaranlles Internet”. “O caso é que non funciona ben nin o satélite, nin ondas de radio, nin nada diso”, resumiu a rexedora de Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...