HomeMedio ambiente e PatrimonioO Consorcio Contraincendios de Lugo ampliará o persoal dos parques de Chantada,...

O Consorcio Contraincendios de Lugo ampliará o persoal dos parques de Chantada, Sarria e Monforte

As contas do próximo ano permitirán, por unha banda, ampliar o persoal dos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos, cun novo efectivo en cada un, ata conseguir os 20 integrantes no conxunto do Consorcio.

Publicado o

- Advertisement -

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aprobou os orzamentos para 2022 con 5,6 millóns de euros, ademais de acordarse a ampliación do persoal nos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte e melloras nas instalacións dos de Monforte e Barreiros.

Así o informan a Xunta e a Deputación de Lugo, que integran o citado consorcio. Sobre o orzamento do próximo ano, a Administración autonómica explica que achegará 2,3 millóns de euros, a mesma cantidade que achegará a institución provincial.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou por videoconferencia no pleno do Consorcio xunto co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

As contas do próximo ano permitirán, por unha banda, ampliar o persoal dos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos, cun novo efectivo en cada un, ata conseguir os 20 integrantes no conxunto do Consorcio.

Ademais, levarán a cabo investimentos para mellorar a seguridade dos bombeiros e das instalacións con actuacións como a mellora das cubertas dos parques de Monforte de Lemos e Barreiros.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...