HomeSucesosPiden sete anos para un home acusado de abusos sexuais en Monforte

Piden sete anos para un home acusado de abusos sexuais en Monforte

A vítima presenta déficit intelectual, trauma de apego e trastorno mental grave, circunstancias todas elas que desencadearon que fose declarada a súa incapacidade.

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrará o xoves, día 9, o xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente dunha muller, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Por un delito de abusos sexuais, e en relación a uns feitos presuntamente cometidos en maio de 2019, a Fiscalía pide unha pena de sete anos de prisión.

Na mañá do 29 de maio de hai dous anos, o home, sostén o Ministerio Público, acudiu ás inmediacións dun centro situado na localidade de Monforte de Lemos, onde se atopou cunha usuaria, á cal ofreceu ir xuntos dar un paseo.

A vítima presenta déficit intelectual, trauma de apego e trastorno mental grave, circunstancias todas elas que desencadearon que fose declarada a súa incapacidade.

Como consecuencia do anterior, a muller acompañou ao procesado, levándoa o mesmo ata o campo da feira de Monforte de Lemos, “lugar en que, movido polo ánimo de satisfacer os seus instintos libidinosos e aproveitándose da discapacidade” da vítima e “con pleno coñecemento de que a mesma padece unha enfermidade mental” agrediuna sexualmente.

O procesado padece trastorno mental leve, “sen que tal patoloxía afecte á súa capacidade intelectiva e volitiva”, sostén Fiscalía no seu escrito de acusación.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...