Como xa é tradición, o Concello de Monforte convocaba o seu concurso de Xoves de Compadres nas súas diferentes categorías: barrios colectivo, barrios individual, centros de ensino colectivo, centros de ensino individual e Praza España individual. A temática predominante das elaboracións foi a pandemia.
O encontro foi na Praza de España, cun aspecto como nos vellos tempos e animación musical antes e despois de facerse públicos os diferentes premios. Chegado o momento, a concelleira de cultura, Marina Doutón, achegouse ao micrófono e comunicou o seguinte veredicto:
Barrios colectivo
Accésit – Os Minivirus, CEIP Colexio Novo, 50 €
Accésit – Os Cazavirus, CEIP Colexio Novo, 50 €
Accésit – A enerxía reforzada, Asociación Agora (centro de día), 50 €
2º – Os homes de Afamon nos campionatos de natación, AFAMON , 95 €
2º- Covid-Cobas, Asoc. Vec. Barrio de Cobas, 95 €
1º – Todo es verdad y todo es mentira, Asociación Prodeme , 120 €
Barrios individual
Accésit – Vaia lío de reforma, Asoc. Agora (centro de atención diurna ocupacional Infanta Elena-Agora), 25 €
2º – Tiempos de soledad durante el confinamiento, Peluquería internacional Matilde Corral López, 50 €
1º – Dakar 2023, Fundación Galicia O. Social, 75 €
Centros de ensino colectivo
2º– Peregrinos a Santiago, Colexio A Gándara, 95 €
1º – Marcho, que teño que marchar, Colexio Ferroviario, 120 €
Centros de ensino individual
Accésit- Vin polo aire, CEIP Novo, 25 €
2º – Espantapandemias, ANPA Colexio Escolapios , 50 €
2º– Pregoeiro Real, CEIP A Gándara , 50 €
1º – Compadre Torre de Lemos, Fundación Torre de Lemos , 75 €
Praza de España individual
1º – Todos sodes supernenos, Antón López González, 75 €
Etnografía. Quedou deserto.
Crítica social. Mortos de frío e fame, Asociación A Pinguela, 120 €
PARTICIPACIÓN DE ALBORES SÁUDE MENTAL
Este colectivo tampouco faltou á súa cita e, aínda que non participan no concurso por representar á corporación municipal dende hai dez anos, os seus traballos son de gran calidade. Nesta ocasión a temática foi “Rutas de sendeirismo polas parroquias” e cada boneco representaba a un ou unha concelleira cun breve texto crítico na parte frontal.
A continuación de dar a coñecer os premios procedeuse a sacrificar os compadres no lume como marca a tradición. A propia concelleira de cultura, xunto con persoal do concello, foron tirando gran parte das elaboracións á fogueira que se fixo onde o cruceiro da Praza de España.
COMPADRES EN SOBER
Neste concello o tema que escolleron para este día fou o “Sober Fest”, unha celebración que tiña como actuación estelar aos “TANXUGUEIROS”, grupo que interpretou unha nova versión de ‘Terra’. Xunto a este cabeza de cartel tamén participan outros grupos que irán a Eurovisión.
CELEBRACIÓN RURAL EN SAN ROMÁN DE MOREDA
A asociación de veciños desta parroquia do Concello de Pantón recuperou a tradición do Xoves de Compadres no ano 2020 logo de levar máis de 50 anos sen celebrarse.
Tras o parón do ano 2021, por mor da pandemia, neste ano 2022 os veciños e veciñas fixeron unha versión propia do Festival de Eurovisión. Baixo o título de “EUROPANTON”, xurado e público divide os seus votos entre o grupo TANSOLTEIROS e o solista CHANIEL. Os favoritos do público eran os TANSOLTEIROS, pero o xurado outorgoulle a máxima puntuación a Chaniel, que se converteu no gañador do festival.