HomesociedadeProtección Civil do Saviñao recibirá un novo vehículo e demanda unha zodiac

Protección Civil do Saviñao recibirá un novo vehículo e demanda unha zodiac

O alcalde do Concello do Saviñao, Carlos Armesto, participou na visita do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Saviñao acompañado polo subdirector e o xefe territorial da Consellería de Presidencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro serviu para abordar distintos temas coma a posibilidade de impartir un curso de seguridade básica no Saviñao, dotar ao Saviñao -como concello con saída ao río Miño e cunha praia fluvial con moita afluencia como é a Praia da Cova- dunha zódiac para casos de emerxencia ou sobre a entrega nos próximos días dun novo vehículo de protección civil”.

O alcalde, Carlos Armesto, sinalou que se trata dunha agrupación de recente creación, pero que emerxe con forza contando con 28 voluntarios e 47 persoas en reserva, que aínda non fixeron os cursos necesarios, pero que xa se anotaron na agrupación.

Armesto agradece ao director e ao subdirector de Emerxencias a súa presenza no Saviñao onde puideron coñecer de primeira man “o labor que está a facer a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acreditado coa cantidade de servizos prestados ao longo do ano”.

A Xunta leva investidos máis de 56.600 euros no funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Saviñao e na dotación de material, entre o que se inclúe un desfibrilador, un remolque de emerxencias e un vehículo pick-up.

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...