HomesociedadeActividades do 8M no Concello do Saviñao

Actividades do 8M no Concello do Saviñao

A maioría delas concéntranse o propio día 8 de marzo, 'Día internacional da muller', pero tamén hai outras a desenvolver ao longo do mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado luns, 7 de marzo, rematou o prazo do concurso de debuxo e fotografía do día da muller 2022 no Concello do Saviñao. O tema era “Igualdade entre mulleres e homes”. Pendentes xa, de coñecer os premiados e premiadas.

ACTIVIDADES DO DÍA 8 DE MARZO

Lanzamento dun vídeo para promover o 8M coa participación de mulleres do Saviñao de distintos sectores profesionais. Farase a través das redes sociais, da web do concello e proxectándoo nos colexios.

Ás 12:00 h. terá lugar a concentración e lectura do manifesto do Día da Muller diante da Casa do Concello.

Este mesmo día farase entrega nos centros escolares de material do 8M –mochilas, USB, material escolar…— e procederase ao lanzamento a través das redes sociais e a web do concello das fotografías con lazos xigantes que realizaron os colexios de Escairón e Currelos ademais da Escola Infantil municipal.

OUTRAS ACTIVIDADES

O 12 de marzo ás 20:00 h. haberá un coloquio con 6 mulleres do Saviñao de distintos sectores profesionais no que contarán a súa experiencia no mundo laboral e persoal. No transcurso do acto proxectarase o vídeo promocional do 8M.

Do 8 ao 31 de marzo iluminarase a fachada do concello de cor violeta para visibilizar o mes da muller, e no coñecido como ‘Recanto 8M’ da Biblioteca Municipal haberá sección de libros sobre a muller e a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...