HomeMedio ambiente e PatrimonioOlga Iglesias: "Triacastela é un dos concellos máis importantes de Galicia en...

Olga Iglesias: “Triacastela é un dos concellos máis importantes de Galicia en historia”

A rexedora di, sobre o futuro Centro de Interpretación da Prehistoria en Galicia, que se traballa nese proxecto, pero "non acaba de arrincar aínda".

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, avanzou que este ano seguirán as escavacións no municipio. “Volverá haber outra campaña, hai moitas covas, e estamos impacientes por ver o que se atopa durante 2022″, asegura.

Así se expresou despois das últimas escavacións impulsadas pola Xunta, en colaboración coa USC, a Cová Eirós e Cova das Cabras, que permitiron constatar novos períodos de ocupación humana destas cavidades nunca antes rexistradas.

Segundo informaba a Consellería de Cultura, os últimos traballos arqueolóxicos posibilitaron localizar 50 moedas romanas na Cova dás Cabras, que serven para documentar un nivel de ocupación na segunda metade do século IV despois de Cristo.

A rexedora presume que o municipio Triacastela é “un dos máis importantes de Galicia” en historia polas escavacións en Cova Eirós e en Cova das Cabras. Estes achados levan á rexedora a lembrar “a típica lenda, en moitas aldeas galegas entre elas Triacastela e Cancelo, dos tesouros que había nas covas de ‘mouras”.

“Estou moi satisfeita porque en cada escavación atópanse cousas moi interesantes para o municipio e que fan do Concello de Triacastela que sexa moi importante para a historia de Galicia, xa desde o neolítico tiñamos ocupacións. Triacastela é importante na historia do noroeste peninsular e de Galicia”, valora.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA PREHISTORIA?

En canto á posta en marcha dun futuro Centro de Interpretación da Prehistoria en Galicia, a alcaldesa de Triacastela confirmou que se traballa nese proxecto, pero “non acaba de arrincar aínda”.

Con todo, Olga Iglesias, adiantou que “ao longo deste ano se fará unha exposición con información sobre Covas Eirós”. “Xa temos a información recollida, maquetada e só quédannos por facer os expositores”, explica.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...