HomeSucesosA Garda Civil de Monforte detén, no marco da 'Investigación Chesor', a...

A Garda Civil de Monforte detén, no marco da ‘Investigación Chesor’, a un home que tentou cobrar un cheque falso

Ao detido de mediana idade acúsaselle dun delito de furto, falsificación de documento mercantil e estafa en grao de tentativa. Esta persoa foi localizada e detida o 6 de abril nas inmediacións de Ferreira de Pantón e será presentado ante o Xulgado de Garda de Monforte de Lemos en canto finalícese a instrución de dilixencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As investigacións iniciáronse o 2 de marzo tras presentar denuncia un veciño de Sober, quen ao entrar na aplicación do banco puido ver que lle fixeron un cargo de 89.000 euros mediante un cheque bancario. Seguidamente contacta co banco e infórmanlle de que bloquearon esa transferencia ao non dispor de fondos.

Esta persoa, desde hai uns anos gardaba nun armario da súa habitación un talonario de cheques en branco, e días atrás contratara os servizos dunha empresa para facer limpeza xeral na súa vivenda, polo que sospeitou que nese momento desaparecese o talón.

Segundo avanza a investigación, púidose pescudar que un dos empregados da empresa de limpeza que estivera nese domicilio, días despois personouse nunha entidade bancaria de Monforte para cobrar o cheque que subtraera, tras encher os datos. Ao tentar cobrar unha cantidade tan elevada, bloqueouse a operación, e fronte a conseguir o seu obxectivo, contraeu unha débeda de 4.000 euros co banco en concepto de comisión polos trámites da operación solicitada.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...