HomesociedadeA Ribeira Sacra será o máis visitado da provincia nesta Semana Santa

A Ribeira Sacra será o máis visitado da provincia nesta Semana Santa

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e o Consorcio de Turismo avanzan as súas cifras de ocupación para esta Semana Santa no territorio Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a Apehl aseguran que despois de contactar con diversos establecementos faise necesario diferenciar tres períodos ao longo de toda a Semana Santa: esta fin de semana anterior aos festivos, os propios festivos e a fin de semana seguinte a estes.

 Días 8, 9 e 10 de abrilXoves e venres SantosDías 16 e 17 de abril
Ribeira Sacra66 %87 %80 %
Lugo cidade62 %65 %60 %
Zona centro50 %65 %60 %
A Mariña61 %74 %62 %

A Ribeira Sacra é a zona da provincia na que se esperan máis visitantes, superando o 80 % nos días principais. A maioría dos visitantes que se agarda que cheguen teñen como orixe o propio territorio nacional, en especial zonas limítrofes como Asturias e León.

A Apehl acolle con positivismo cara a recuperación esta próxima semana e asegura que os prezos mantéñense como viña sendo habitual en tempada alta, sen o incremento relacionado co IPC. “Algúns establecementos de praia permanecerán polo momento pechados e sempre pode haber novas reservas e as previsións meteorolóxicas poden influír moito na variabilidade destas expectativas”, sinalan desde a APEHL.

Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra cos datos recollidos ata o dagora a ocupación no mes de marzo foi dun 35%, despuntando na fin de semana e a categoría de hoteis de 3 e 4 estrelas sobre o resto de aloxamentos, rexistrando unha ocupación total do 64% (62% en días laborais e 76% en fins de semana).

As previsións de ocupación para esta Semana Santa (14 ao 17 de abril) no conxunto de aloxamentos son:

  • Hoteis 3 e 4 estrelas: 91,18% (50 % no 2021 e 90% no 2019)
  • Turismo Rural: 97,83% (65% no 2021 e 87,5% no 2019
  • Vivendas Turísticas e Uso Turístico: 100% (antes en “outros aloxamentos”)
  • Outros aloxamentos: 82,40% (67% no 2021 en 83% no 2019) )
  • Total previsión: 88% (51% no 2021 e 87% no 2019)

As comparacións realízanse con respecto aos anos 2019 e 2021. E a do 2021 non pode considerarse como unha “Semana Santa normal”, debido aos peches perimetrais que tiñan establecidos as Comunidades Autónomas.

As previsións de ocupación para os días centrais de Semana Santa con respecto aos datos do ano 2021 duplican as cifras nas categorías de hoteis de 3 e 4* e turismo rural. As previsións para os días non festivos (luns a mércores) son as máis altas dende que hai rexistros, situándose 3 puntos por enriba do 2019, ano récord en Ribeira Sacra. O mesmo ocorre coa porcentaxe total de previsión de ocupación (1 punto máis alta que no 2019).

A nivel xeral a ocupación prevista para abril é do 56%. As diferenzas entre as fins de semana e os días laborais continúan a ser significativas en todas as categorías de aloxamento, como é habitual en datas fora do verán. A previsión da totalidade de aloxamentos para as fins de semana é do 70%.

ÚLTIMAS

Monforte volverá ter un final de etapa de ‘La Vuelta 2025’

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, achegouse a Madrid para estar...

Nova maquinaria para o Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de presentar ao entorno produtivo, alumnado e profesorado o...

A Vicepresidencia da Deputación destina 380.000 euros para asociacións culturais

O Boletin Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución definitiva das...

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...