Homesociedade182.000€ para mellorar a estrada provincial Chantada-Taboada-Antas

182.000€ para mellorar a estrada provincial Chantada-Taboada-Antas

A Deputación de Lugo mellorará a estrada provincial LU-P-1809 que comunica Chantada, Taboada e Antas de Ulla cun investimento de preto de 182.000€. O proxecto inclúe a renovación de practicamente o conxunto da vía, actuando en máis de 20 quilómetros dos preto de 25 quilómetros que ten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consistirán na reapertura de cunetas, saneamento da explanada e do firme nas zonas onde existen un blandón, tamén na reparación de fochancas e afundimentos que presente a vía e na repavimentación. Actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 3,6 ao 23,8.

A Xunta de Goberno provincial acaba de aprobar a adxudicación dos traballos á empresa Construcciones Leonardo Miguélez SL. Estes avances na vía beneficiarán a numerosos veciños e veciñas da comarca da Ulloa que utilizan a diario esta estrada.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, salienta a importancia destes traballos e recalca que “a mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno”. A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...